Circuíto 2015-16

Regulamento

Regulamento
As normas do xogo

O Circuíto Galego de Carreiras Populares 2015-16 (o Circuíto) é un xogo aberto a calquera persoa que lle guste correr e participar nas carreiras populares, con inscrición gratuíta e autoxestionado polos propios participantes.

Comeza na primeira fin de semana de setembro de 2015 e remata na derradeira de xuño 2016.

Funcionamento
No Circuíto sumas puntos en cada carreira que participes aínda que chegues de último. Neste xogo é máis importante a regularidade co posto acadado nas probas e, polo tanto, os últimos si poden ser os primeiros.

A cousa vai así:
- Participas nunha carreira puntuable.
- Consultas o teu posto na clasificación xeral definitiva da proba.
- E vas ao apartado Enviar posto para sumar os puntos acadados.

Podes enviar un máximo de 40 resultados ao longo da tempada e o envío de puntos de cada carreira péchase 15 días despois de subidos os resultados.

Os puntos que sumes irán á clasificación xeral de ruta, a de montaña se é o caso e a de parellas ou equipos se participas nestas modalidades.

Inscricións
A inscrición é gratuíta. Os únicos requisitos para participar son ter 18 anos cumpridos a 1 de setembro de 2015, unha conta de email e un móvil.

Ata o 30 de setembro estará aberto o prazo para reinscribirse de xeito individual. Se algún participante non repite inscrición na 1ª ou 2ª división a súa praza será ocupada por aqueles que quedaron ás portas do ascenso na tempada anterior.

Carreiras e puntuación
As probas puntuables as podes consultar nesta listaxe, que se actualizará a medida que se confirmen as datas de novas carreiras. Se es organizador e queres incluir de xeito gratuíto a túa proba, vai ao apartado Contacto para engadila.

Cada carreira de ruta ten un coeficiente en función da súa distancia dende 1 para probas de menos de 6 km ata 5 o maratón. En función de ese coeficiente, o teu posto e o total de chegados á meta calcúlanse os puntos segundo a fórmula:

xxx Gráfico coa fórmula (pendente) xxx

Para probas de montaña (trail) a cousa cambia. Teñen un coeficiente máximo de 5 para que puntúes na clasificación de ruta e outro máis elevado para sumar na clasificación de montaña. Este outro coeficiente ven determinado pola distancia e o desnivel positivo da proba.

Modalidades
Para facelo máis divertido o Circuíto conta con varias clasificacións.

- Clasificación xeral individual de ruta - Con 1ª, 2ª e 3ª división xeral, feminina e masculina.
- Clasificación por parellas - xeral e mixtas.
- Clasificación por equipos - Con 1ª, 2ª e 3ª división.
- Clasificación xeral de montaña - Con división única xeral, feminina e masculina.

- Clasificación por localidades - ¿Quen é o mellor de cada lugar?
- Clasificación por comarcas
- Clasificación entre localidades - ¿Onde corren máis?
- Clasificación por categorías - A partir dos 35 en rangos de 5 anos.

As puntuacións para parellas, equipos, localidades e categorías cóllense da clasificación xeral de ruta.

Individual de ruta
A 1ª e 2ª división individual estarán compostas por 200 corredores cada unha en base ás tempadas anteriores e con descenso dos 40 derradeiros postos.

Na 2ª e 3ª división individual conseguirán o ascenso os 40 primeiros postos. Todas as novas inscricións empezarán a súa andaina no Circuíto na 3ª división.

Equipos
Os equipos están formados por 6 corredores no que un deles é o capitán. Para esta clasificación sumaranse as 5 mellores puntuacións dos compoñentes do equipo, descartando sempre ao que leve menos puntos.

A 1ª e 2ª división estará formada por 20 equipos en base ás participación en tempadas anteriores e con decenso dos 5 últimos de cada unha delas.

Da 2ª e 3ª división ascenderán os 5 primeiros equipos clasificados. Os novos equipos empezarán na 3ª división.

Permítense un máximo de 2 trocos por equipo para que este sexa considerado o mesmo e poda repetir na división que lle corresponda.

Incidencias
En caso de que non aparezas nunha clasificación por un erro de cronometraxe ponte en contacto coa organización da proba para que o corrixa.

Se o teu nome non aparece no listado definitivo da carreira non podemos sumar os teus puntos para o Circuíto.

Descualificacións
Se algún corredor falsea os datos de inscrición nalgunha das probas incluídas ou é sorprendido correndo por outro participante perderá todos os puntos da tempada e non poderá seguir enviando resultados.

Outros
O non previsto no Regulamento resolverase segundo o criterio da organización ou mediante consulta pública no foro oficial do Circuíto.

Circuito Galego de Carreiras Populares 2015-16
Correr en Galicia

Aniversarios

23/10/2017
Hoxe é o aniversario de Trécola.

Contacto

Contacta coa organización no foro oficial do Circuíto.

Subir

© Correr en Galicia 2006-2015