O Circuíto Correr en Galicia é unha competición onde sumas puntos en cada carreira que participas. Valórase máis a constancia ca velocidade e, polo tanto, podes chegar ao máis alto da clasificación aínda que non gañes ningunha proba.
A inscrición é única e podes participar no Circuíto de ruta ou de montaña. A clasificación de ruta ten 3 divisións e a de montaña só unha.
Para facelo aínda máis divertido tes a posibilidade de competir por parellas e por equipos. Só tes que buscar un compañeir@ para facer parella e 5 amig@s para completar un equipos de 6 membros.
Este proxecto está realizado e mantido pola comunidade de corredores de Correr en Galicia.
Inscrición
Xa participei no Circuíto
A. Teño conta no foro sincronizada co Circuíto.
B. Non teño conta no foro ou non a teño sincronizada.
Envía un correo co asunto "O teu nick + Repito inscrición" indicando o teu nick.
Son novo no Circuíto
C. Pois entón dámosche a benvida desexando que pases unha boa tempada no Circuíto co resto de participantes.
Envía un correo co asunto "Nova inscrición" e os seguintes datos:
Nick (Apodo)
Nome
Apelidos
Data de nacemento
Localidade
Provincia
Email
Teléfono
Permiso de publicación SI / NON
SI. O teu nome e apelidos saen na clasificación do Circuíto, coma en calquera carreira.
NON. Nas clasificacións só aparecerás co teu nick.
Podes participar xunto cun compañeiro ou compañeira para facer máis divertido o Circuíto. Sumaredes as vosas puntuacións da xeral de ruta para esta clasificación. As parellas poden ser mixtas.
Para inscribiros só é preciso que un dos compoñentes teña conta no foro e resposte neste tema cos nicks que forman a parella.
Podes facer un equipo para o Circuíto con outros compañeiros ou compañeiras. O equipo estará formado por 6 compoñenentes e para a puntuación colleranse as 5 mellores puntuacións entre eles en cada momento.
A inscrición pode facerse respostando no seguinte tema do foro. O capitán só ten que indicar o nome do equipo e os nicks dos compoñentes.
En caso de non ter conta no foro, o capitán tamén pode enviar un email cos datos do equipo.
E nada máis. Os que facemos posible isto, desexamos que esta tempada o pasedes moi ben e que o Circuíto sexa unha motivación máis para facer deporte :)
Ficha
Cargando...
Listaxe
Cargando...
Carreiras
Coeficientes para as probas de ruta.
Distancia (km)
Coeficiente
Menos de 6
1
De 6 a 9
1,25
De 9 a menos de 11
1,50
De 11 a menos de 14
1,75
De 14 a menos de 17
2
De 17 a menos de 20
2,25
De 20 a menos de 22
2,50
De 22 a menos de 24
2,75
De 24 a menos de 26
3
De 26 a menos de 28
3,25
De 28 a menos de 30
3,50
De 30 a menos de 32
3,75
De 32 a menos de 34
4
De 34 a menos de 36
4,25
De 36 a menos de 38
4,50
De 38 a menos de 40
4,75
De 40 a Maratón
5
Organizadores
Incluír a túa carreira no Circuíto é gratuíto. Só ten que cumprir:
- Mulleres e homes compiten sobre a mesma distancia.
- Clasificación conxunta (mulleres e homes no mesmo listado).
- Enviar un correo coa clasificación en Excel a semana posterior a proba.
Para as de montaña enviar o 'track' ou indicar o dato de desnivel acumulado positivo e distancia.
Podes facelo directamente neste tema do foro:
Ou enviándonos un correo electrónico, no que podes consultar as túas dúbidas:
Corredores
Consulta o listado das carreiras puntuables, que se actualiza a medida que se confirmen as probas.
Cada carreira de ruta ten un coeficiente en función da súa distancia, dende 1 as máis curtas ata 5 o maratón. A puntuación mínima que se pode conseguir son 50 puntos chegando último nunha proba de menos de 6 km.
As carreiras de montaña teñen un coeficiente máximo de 5 para a puntuación xeral de ruta e outro máis elevado en función do seu desnivel positivo para a clasificación de montaña.
Onde o coeficiente de montaña calcúlase multiplicando un coeficiente A de distancia e outro B de desnivel. Os coeficientes os podes consulta no apartado ‘Carreiras’.
As carreira de ruta só puntúan para a clasificación xeral e as de montaña para a xeral e a especifica de montaña.
Regulamento
As normas do xogo
O Circuíto é un xogo aberto a todos os corredores populares, con inscrición gratuíta e xestionado polos propios participantes.
Empeza o 1 de setembro de 2017 e remata o 30 de xuño de 2018.
¿Como funciona?
No Circuíto sumas puntos en cada proba que participas, aínda que chegues de último. En canto se publique a clasificación en Correr en Galicia só tes que ir ao apartado ‘Envía os teus puntos’ e indicar o teu nick, o nome da proba e o posto acadado. Podes enviar un total de 40 probas ao longo da tempada.
Todas as probas de montaña puntúan para o Circuíto de Montaña, pero só podes indicar 5 para que puntúen para a clasificación xeral. Ao enviar o resultado marca a opción "Puntúa para a xeral".
Os envíos revísanse de xeito manual para corrixir posibles erros.
¿Como me inscribo?
Vai á portada da web do Circuíto, preme no botón ‘Inscricións’ ou "Quero participar" e segue as indicacións. Só e preciso ter máis de 18 anos e un e-mail. Se é a túa primeira participación comezas na 3ª división individual.
Podes participar de xeito individual, por parellas ou por equipos.
¿Como se puntúa?
Podes consultar as probas incluídas nesta listaxe, que se actualiza a medida que se confirmen as probas.
Cada carreira de ruta ten un coeficiente en función da súa distancia, dende 1 as máis curtas ata 5 o maratón. A puntuación mínima que se pode conseguir son 50 puntos chegando último nunha proba de menos de 6 km.
As carreiras de montaña teñen un coeficiente máximo de 5 para a puntuación xeral de ruta e outro máis elevado en función do seu desnivel positivo para a clasificación de montaña.
Onde o coeficiente de montaña calcúlase multiplicando un coeficiente A de distancia e outro B de desnivel. Os coeficientes os podes consulta no apartado ‘Carreiras’.
Modalidades
Para facelo máis divertido podes participar en:
Individual
Hai unha 1ª e 2ª división para os participantes en edicións anteriores con 40 postos de descenso.
Na 2ª e 3ª división hai 40 postos de ascenso para os que acaden a puntuación máis alta.
Tamén hai unha clasificación de montaña e outra feminina absoluta.
Parellas
Para sumar puntos cun compañeiro ou compañeira. As parellas poden ser mixtas.
Para entrar na clasificación final é preciso que os 2 compoñentes aporten puntos, cunha proporción mínima do 20-80 %.
Exemplo: se o que menos aporta suma 200 puntos, ao compañeiro só lle contarían 800 aínda que tivera máis na xeral.
Inscricións de parellas ata o 31 de outubro de 2017.
Equipos
Formados por 6 compoñentes no que puntúan sempre as 5 mellores puntuacións entre eles. Poden ser mixtos.
En función do número de inscricións poderá crearse varias divisións.
Inscricións de equipos ata o 31 de outubro de 2017.
Incidencias
En caso de que non aparezas nunha clasificación por un erro de cronometraxe ponte en contacto coa organización da proba para que o corrixa.
Se o teu nome non aparece no listado definitivo da carreira non podemos sumar os teus puntos para o Circuíto.
Descualificacións
Se algún corredor falsea os datos de inscrición nalgunha das probas incluídas ou é sorprendido correndo por outro participante perderá todos os puntos da tempada e non poderá seguir enviando resultados.
Outros
O non previsto no Regulamento resolverase segundo o criterio da organización ou mediante consulta pública no foro oficial do Circuíto.