Info


Novas clasificacións

Esta tempada teremos clasificacións por localidades e categorías de idade. Poderás competir cos teus veciños e con outros participantes da túa categoría.

Ademais das habituais clasificacións individuais, por parellas e por equipos.

Sorteos

Outra das novidades para esta tempada 2018-19 serán os sorteos de dorsais para as probas inscritas no Circuíto.

Nos perdas detalle de cada un e apúntate no que máis che interese no foro aberto en Correr en Galicia.

Participa

Por riba da competición, no Circuíto valoramos o compañerismo e as ganas de pasalo ben.

Por iso invitámosche a apuntarte nas modalidades de parellas e equipos, e a participar de xeito activo no foro.

De interese


O Circuíto Correr en Galicia é unha competición onde sumas puntos en cada carreira que participas. Valórase máis a constancia ca velocidade e, polo tanto, podes chegar ao máis alto da clasificación aínda que non gañes ningunha proba.

A inscrición é única e podes participar no Circuíto de ruta ou de montaña. A clasificación de ruta ten 3 divisións e a de montaña só unha.

Para facelo aínda máis divertido tes a posibilidade de competir por parellas e por equipos. Só tes que buscar un compañeir@ para facer parella e 5 amig@s para completar un equipos de 6 membros.

Este proxecto está realizado e mantido pola comunidade de corredores de Correr en Galicia.