Xa participei no Circuíto
A. Teño conta no foro sincronizada co Circuíto.
B. Non teño conta no foro ou non a teño sincronizada.
Envía un correo co asunto "O teu nick + Repito inscrición" indicando o teu nick.
Son novo no Circuíto
C. Pois entón dámosche a benvida desexando que pases unha boa tempada no Circuíto co resto de participantes.
Envía un correo co asunto "Nova inscrición" e os seguintes datos:
Nick (Apodo)
Nome
Apelidos
Data de nacemento
Localidade
Provincia
Email
Teléfono
Podes participar xunto cun compañeiro ou compañeira para facer máis divertido o Circuíto. Sumaredes as vosas puntuacións da xeral de ruta para esta clasificación. As parellas poden ser mixtas.
Para inscribiros só é preciso que un dos compoñentes teña conta no foro e resposte neste tema cos nicks que forman a parella.
Podes facer un equipo para o Circuíto con outros compañeiros ou compañeiras. O equipo estará formado por 6 compoñenentes e para a puntuación colleranse as 5 mellores puntuacións entre eles en cada momento.
A inscrición pode facerse respostando no seguinte tema do foro. O capitán só ten que indicar o nome do equipo e os nicks dos compoñentes.
En caso de non ter conta no foro, o capitán tamén pode enviar un email cos datos do equipo.
Cargando...
Cargando...
Coeficientes para as probas de ruta.
Distancia (km) | Coeficiente |
---|---|
Menos de 6 | 1 |
De 6 a 9 | 1,25 |
De 9 a menos de 11 | 1,50 |
De 11 a menos de 14 | 1,75 |
De 14 a menos de 17 | 2 |
De 17 a menos de 20 | 2,25 |
De 20 a menos de 22 | 2,50 |
De 22 a menos de 24 | 2,75 |
De 24 a menos de 26 | 3 |
De 26 a menos de 28 | 3,25 |
De 28 a menos de 30 | 3,50 |
De 30 a menos de 32 | 3,75 |
De 32 a menos de 34 | 4 |
De 34 a menos de 36 | 4,25 |
De 36 a menos de 38 | 4,50 |
De 38 a menos de 40 | 4,75 |
De 40 a Maratón | 5 |
Organizadores
Incluír a túa carreira no Circuíto é gratuíto. Só ten que cumprir:
- Mulleres e homes compiten sobre a mesma distancia.
- Clasificación conxunta (mulleres e homes no mesmo listado).
- Enviar un correo coa clasificación en Excel a semana posterior a proba.
Para as de montaña enviar o 'track' ou indicar o dato de desnivel acumulado positivo e distancia.
Podes facelo directamente neste tema do foro:
Ou enviándonos un correo electrónico, no que podes consultar as túas dúbidas:
Corredores
Consulta o listado das carreiras puntuables, que se actualiza a medida que se confirmen as probas.
Cada carreira de ruta ten un coeficiente en función da súa distancia, dende 1 as máis curtas ata 5 o maratón. A puntuación mínima que se pode conseguir son 50 puntos chegando último nunha proba de menos de 6 km.
As carreiras de montaña teñen un coeficiente máximo de 5 para a puntuación xeral de ruta e outro máis elevado en función do seu desnivel positivo para a clasificación de montaña.
Onde o coeficiente de montaña calcúlase multiplicando un coeficiente A de distancia e outro B de desnivel. Os coeficientes os podes consulta no apartado ‘Carreiras’.
As carreira de ruta só puntúan para a clasificación xeral e as de montaña para a xeral e a especifica de montaña.
Que é o Circuíto?
O Circuíto Galego de Carreiras Populares 2018-19 (o Circuíto) é un xogo aberto a todas as persoas que o desexen, con inscrición gratuíta e xestionado polos propios participantes.
A persoa participante suma puntos en cada unha das probas puntuables ao longo da tempada, podendo participar tanto na modalidade individual, por parellas e por equipos. Tamén haberá unha clasificación única de montaña.
Comeza o 1 de setembro de 2018 e remata o 30 de xuño de 2019.
Como funciona?
No Circuíto sumas puntos en cada proba que participas (aínda que chegues o último!). Para iso, en canto se publique a clasificación na web do Circuíto, só tes que ir ao apartado “Envía os teus puntos” e indicar o teu nick, o nome da carreira e o teu posto de chegada. Estes datos serán validados e confirmados antes de aparecer como definitivos.
Haberá un límite de 40 carreiras por modalidade, tal como se explica no apartado correspondente.
O prazo para o envío do posto acadado será de 15 días naturais dende a publicación dos resultados. Este prazo, de forma xeral, comeza nos días seguintes á realización da proba.
Como me inscribo?
Tanto se participas por primeira vez como se xa estiveches no Circuíto 2017-18, é necesario que te inscribas na nova tempada 2018-19.
Vai á portada da web do Circuíto, preme no botón “Inscricións” ou “Quero participar” e segue as indicacións. Só é preciso ter máis de 18 anos e ter unha dirección email. Se é a túa primeira participación, comezarás na 3ª división individual.
O prazo estará aberto dende o 1 de agosto de 2018 ata o 30 de setembro de 2018, ambos días incluídos.
As inscricións realizadas dende o 1 de outubro, non permitirán o envío de puntos das carreiras previas e automaticamente se entrará en 3ª división (independentemente de ter participado ou non na tempada anterior).
Carreiras puntuables
Puntúan todas as carreiras organizadas en Galicia que o soliciten, e ata 6 probas convidadas de fóra de Galicia. Para esta tempada serán:
Maratona de Porto - 11/2018
Behobia - 11/2018
Carrera de Matallana - 12/2018
Meia Maratona Manuela Machado - Viana do Castelo - 01/2019
Media Maratón de Gijón - 04/2019
Meia Maratona de Caminha - 06/2019
As probas puntuables pódense consultar na sección “Carreiras”, que se actualizará a medida que a inclusión destas se vaia confirmando.
Modalidades
Para facelo máis divertido, podes participar en diversas modalidades. Pero podemos diferencias dous tipos:
- Clasificacións xerais, nas que computan os puntos tanto de carreiras de asfalto como de montaña.
- Clasificación de montaña, onde tan só puntuarán as carreiras deste tipo.
Clasificacións xerais
Aquí temos 3 tipos: individual (con tres divisións, categoría masculina e feminina, mais por localidades e categorías de idade), parellas, equipos.
Podes incluír ata un máximo de 40 probas (en total) ao longo da tempada, das que só 10 poderán ser probas de montaña. Se superas o máximo de 40 probas, non poderás enviar ningún resultado máis. O mesmo sucederá coas probas de montaña, e nese caso só poderías enviar probas de asfalto ata chegar ao citado máximo de 40 probas totais.
Polo tanto, cando envíes o posto dunha carreira de montaña, terás que indicar se queres ou non que esta se conte tamén nas clasificacións xerais (individual, parellas e equipos).
IMPORTANTE: non esquezas indicar se SI queres ou NON queres incluíla nas clasificacións xerais!
Tanto para a clasificación individual como de parellas e equipos, os puntos obtidos pola participación nunha proba (independentemente do tipo desta) obtéñense da fórmula
onde o coeficiente (que só depende da distancia) coñécese a partir da táboa seguinte:
TÁBOA COS COEFICIENTES DE RUTA (PENDENTE)
As carreiras de montaña teñen un coeficiente máximo de 5 para a puntuación xeral de ruta e outro máis elevado en función do seu desnivel positivo para a clasificación de montaña.
Individual
Esta tempada haberá 3 divisións, cunha 1ª e 2ª con 200 participantes.
Para facer unha división máis axustada e emocionante, esta tempada aumentamos o número de descensos en 1ª a 80, coa idea de reducir o número de participantes a 150 na tempada 2019-20.
Descensos
De 1ª a 2ª - 80
De 2ª a 3ª - 80
Ascensos
De 2ª a 1ª - 30
De 3ª a 2ª - 30
Parellas
Para sumar puntos cun compañeiro ou compañeira. As parellas poden ser mixtas.
Na clasificación final, é preciso que os 2 compoñentes aporten puntos cunha proporción mínima dun 20%-80% (Exemplo: se o que menos aporta suma 200 puntos, á outra persoa só lle contarían 800 aínda que tivera máis na xeral).
No caso de que o número de parellas inscritas sexa superior a 30, crearanse varias divisións. O número de parellas en cada unha dependerá do número total de parellas inscritas.
A inscrición de parellas será ata o 30 de setembro de 2018.
Equipos
Estarán formados por 6 persoas, e puntuarán sempre as 5 mellores puntuacións entre eles. Poden ser mixtos.
No caso de que o número de equipos inscritos sexa superior a 20, crearanse varias divisións. O número de equipos en cada unha dependerá do número total de equipos inscritos.
A inscrición de equipos será ata o 30 de setembro de 2018.
Clasificacións de montaña
Terá un máximo de 40 carreiras de montaña e haberá unha única división individual. As probas de montaña transcorren maioritariamente por terra e o organizador da proba a de indicalo cando envíe a información da proba.
Se participas nunha proba marcada como Montaña e envías o teu resultado, os puntos obtidos pola participación nunha proba de montaña se obterán en base á fórmula
e os coeficientes están determinados pola seguinte táboa:
TÁBOA COS COEFICIENTES DE MONTAÑA (PENDENTE)
O coeficiente de montaña calcúlase multiplicando un coeficiente A de distancia e outro B de desnivel. Os coeficientes os podes consulta no apartado ‘Carreiras’.
Agasallos
Esta tempada faremos sorteos co material que consigamos de colaboradores. Estes sorteos realizaranse unicamente entre os inscritos no Circuíto, e sempre e cando indiquen (a través do mecanismo que se estableza) que queren participar nel.
Estas doazóns poderán ser de empresas, autónomos, particulares e non terán ningún carácter de patrocinio con esta web.
Sorteos de dorsais
Esta tempada teremos sorteos de dorsais para probas incluídas no Circuíto. Realizaranse unicamente entre os participantes activos no Circuíto que teñan conta tamén no foro, sempre que cumpran as condicións que se estableza para cada sorteo. Permanece atento ao foro oficial e á portada de Correr en Galicia.
O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. No caso de que un premiado non asista á carreira sen avisar con antelación, non poderá participar en ningún sorteo máis no resto da tempada.
Intentarase ter os dorsais cun mes de antelación para poder ter xa realizados os sorteos 15 días antes da carreira, facilitando así a planificación do calendario de carreiras de cada corredor.
Incidencias
En caso de que non aparezas nunha clasificación por un erro de cronometraxe ponte en contacto coa organización da proba para que o corrixa.
Se o teu nome non aparece no listado definitivo da carreira non podemos sumar os teus puntos para o Circuíto.
Igualmente, se cometes un erro ao enviar o teu posto, contacta o antes posible con nós para que o corrixamos.
Descualificacións
Se algún corredor falsea os datos de inscrición nalgunha das probas incluídas ou é sorprendido correndo por outro participante perderá todos os puntos da tempada e non poderá seguir enviando resultados.
Outros
O non previsto no Regulamento resolverase segundo o criterio da organización ou mediante consulta pública no foro oficial do Circuíto.
O Circuíto 2018-19
Correr en Galicia