Correr en Galicia
#Jotaeme
Correndo por toda Galicia

Info


Clasificacións

Esta tempada de regreso do Circuíto teremos clasificacións individuais de ruta e montaña, ademais das habituais por parellas e equipos.

Consulta a sección de inscrición para saber como participar en cada unha.

Contacto

Se tes algúnha dúbida podes poñerte en contacto con nós a través do seguinte enderezo electrónico:

Onde agradeceremos tamén recibir os teus comentarios sobre aspectos a mellorar da web ou do propio Circuíto.

Participa

Por riba da competición, no Circuíto valoramos o compañerismo e as ganas de pasalo ben.

Por iso invitámosche a apuntarte nas modalidades de parellas e equipos, e a participar de xeito activo no foro.

De interese


O Circuíto Correr en Galicia é unha competición onde sumas puntos en cada carreira que participas. Valórase máis a constancia ca velocidade e, polo tanto, podes chegar ao máis alto da clasificación aínda que non gañes ningunha proba.

A inscrición é única e podes participar no Circuíto de ruta ou de montaña, cada un cunha clasificación diferente.

Para facelo aínda máis divertido tes a posibilidade de competir por parellas e por equipos. Só tes que buscar un compañeiro para facer parella e 5 amigos para completar un equipo de 6 membros.

Este proxecto está realizado e mantido pola comunidade de corredores de Correr en Galicia. Aínda que non están todos, estes son algúns dos que fixeron posible que o proxecto chegara ao 2023. Por orde alfabética: Alber, Amina, Anaabuin, Anarky, Angelus, Anpefi, Beauvais, Cándido, Caracol, Cecebre, Davidcouselo, DoctorSlump, Fleky, Ivanno, Jotaeme, Kandpalleiro, Killoke, Lihto, Maistrote_SGS, RadicalMarc1, Sanmikel, Sonsuso e Xan.

Moitas grazas a todos eles.