Organizadores
Para incluir unha proba no Circuíto 2023 só ten que celebrarse entre o 21 de xaneiro e o 2 de xullo de 2023 e cumprir os seguintes requisitos:
A distancia da proba será entre os 3 e os 22 quilómetros.
Mulleres e homes compiten sobre a mesma distancia.
Proba conxunta para non federados e federados.
Ter unha clasificación conxunta.
Enviar a clasificación en formato “excel” ou “pdf” despois da proba.
Nas carreiras de montaña tamén hai que indicar o desnivel positivo, para que lle podamos calcular o coeficiente.
Podes facelo directamente neste tema do foro:
Ou enviándonos un correo electrónico, onde tamén podes consultar as túas dúbidas:
Participantes
Coma participante tamén te podes por en contacto coas organizacións para pedirlle que sexa puntuable.
Mándalles un correo coa dirección desta web ou pásate por este tema do foro.
Coeficientes
As carreiras de ruta só puntúan para a clasificación xeral e as de montaña para a xeral (ata un máximo de 5) e a clasificación de montaña.
Clasificación xeral
Tanto para a clasificación individual como de parellas e equipos, os puntos obtidos pola participación nunha proba obtéñense da fórmula:
Onde o coeficiente de distancia determínase a partir da táboa:
Clasificación de montaña
Os puntos obtidos pola participación nunha proba de montaña obtéñense da fórmula:
Onde os coeficientes de distancia e desnivel determínanse a partir das táboas:
A ratio calcúlase dividindo os metros de desnivel positivo pola distancia, en quilómetros, da proba.
Inscrición
Xa participei no Circuíto
A. Teño conta no foro sincronizada co Circuíto.
B. Non teño conta no foro ou non a teño sincronizada.
Envía un correo co asunto "O teu nick + Repito inscrición" indicando o teu nick.
Son novo no Circuíto
C. Pois entón dámosche a benvida desexando que pases unha boa tempada no Circuíto co resto de participantes.
Envía un correo co asunto "Nova inscrición" e os seguintes datos:
Nick (Apodo)
Nome
Apelidos
Data de nacemento
Localidade
Provincia
Email
Teléfono
Permiso de publicación SI / NON
SI. O teu nome e apelidos saen na clasificación do Circuíto, coma en calquera carreira.
NON. Nas clasificacións só aparecerás co teu nick.
Inscricións individuais ata o 28 de febreiro de 2023 ou ao chegar aos 200 inscritos.
Podes participar xunto cun compañeiro ou compañeira para facer máis divertido o Circuíto. Sumaredes as vosas puntuacións da xeral de ruta para esta clasificación. As parellas poden ser mixtas.
Para inscribiros só é preciso que un dos compoñentes teña conta no foro e resposte neste tema cos nicks que forman a parella.
Inscricións de parellas ata o 28 de febreiro de 2023.
Podes facer un equipo para o Circuíto con outros compañeiros ou compañeiras. O equipo estará formado por 6 compoñenentes e para a puntuación colleranse as 5 mellores puntuacións entre eles en cada momento.
A inscrición pode facerse respostando no seguinte tema do foro. O capitán só ten que indicar o nome do equipo e os nicks dos compoñentes.
En caso de non ter conta no foro, o capitán tamén pode enviar un email cos datos do equipo.
Inscricións de equipos ata o 28 de febreiro de 2023.
E nada máis. Os que facemos posible isto, desexamos que esta tempada o pasedes moi ben e que o Circuíto sexa unha motivación máis para facer deporte :)
Ficha
Cargando...
Listaxe
Cargando...
Regulamento
Que é o Circuíto?
O Circuíto Galego de Carreiras Populares 2023 (o Circuíto) é un xogo aberto a todas as persoas que o desexen, con inscrición gratuíta e xestionado polos propios participantes.
A persoa participante suma puntos en cada unha das probas puntuables ao longo da tempada, podendo participar tanto na modalidade individual (ruta, montaña ou ambas), por parellas e por equipos.
Comeza o 21 de xaneiro de 2023 e remata o 2 de xullo de 2023.
Como funciona?
No Circuíto sumas puntos en cada proba que participas (aínda que chegues o último!). Para iso, en canto se publique a clasificación na web do Circuíto, só tes que ir ao apartado “Envíar posto” e indicar o teu nick, o nome da carreira e o teu posto de chegada. Estes datos serán validados e confirmados por un colaborador antes de aparecer como definitivos.
Haberá un límite de 20 carreiras por modalidade, tal como se explica no apartado correspondente.
O prazo para o envío do posto acadado será de 15 días naturais dende a publicación dos resultados. Este prazo, de forma xeral, comeza nos días seguintes á realización da proba, en canto a organización da proba envíe as clasificacións.
Como me inscribo?
Tanto se participas por primeira vez como se xa estiveches nun Circuíto anterior é preciso que te inscribas na nova tempada 2023.
Vai á portada da web do Circuíto, preme no botón “Inscribirse” e segue as indicacións. Só é preciso ter máis de 18 anos e unha dirección de correo electrónico activa.
O prazo estará aberto dende o 17 de xaneiro de 2023 ata o 28 de febreiro de 2023, ambos incluídos.
Carreiras puntuables
Puntúan todas as carreiras organizadas en Galicia que o soliciten cunha distancia igual ou inferior a 22.000 metros e, de xeito excepcional, poderían incluirse 1 maratón de asfalto e 1 maratón de montaña.
As probas puntuables pódense consultar no apartado “Carreiras”, que se actualizará a medida que a inclusión destas se vaia confirmando.
No caso de que unha proba pida o pasaporte COVID para participar, sen que sexa unha obriga legal nese momento, non poderá ser puntuable para o Circuíto.
Modalidades
Para facelo máis divertido, podes participar en diversas modalidades. Pero podemos diferencias dous tipos:
- Clasificacións xerais, nas que computan os puntos tanto de carreiras de asfalto como de montaña.
- Clasificación de montaña, onde tan só puntuarán as carreiras deste tipo.
Clasificacións xerais
Aquí temos 3 tipos: individual (absoluta, masculina e feminina), parellas e equipos.
Podes enviar ata un máximo de 20 probas en total ao longo da tempada, das que só 5 poderán ser probas de montaña. Se superas ese máximo non poderás enviar ningún resultado máis.
Exemplos de máximo de envíos:
20 de ruta
18 de ruta + 2 de montaña
15 de ruta + 5 de montaña
Se envías 12 carreiras, poderían ser:
12 de ruta
9 de ruta + 3 de montaña
7 de ruta + 5 de montaña
Polo tanto, cando envíes o posto dunha carreira de montaña, terás que indicar se queres ou non que esta se conte tamén nas clasificacións xerais (individual, parellas e equipos).
Tanto para a clasificación individual como de parellas e equipos, os puntos obtidos pola participación nunha proba obtéñense da fórmula:
Onde o coeficiente de distancia determínase a partir da táboa:
As carreiras de montaña teñen un coeficiente máximo de 5 para a puntuación xeral de ruta e outro máis elevado en función do seu desnivel positivo para a clasificación de montaña.
Individual
Esta tempada haberá unha división única.
Parellas
Para sumar puntos cun compañeiro ou compañeira. As parellas poden ser mixtas.
Na clasificación final, é preciso que os 2 compoñentes aporten puntos cunha proporción mínima dun 20%-80% (Exemplo: se o que menos aporta suma 200 puntos, á outra persoa só lle contarían 800 aínda que tivera máis na xeral).
Equipos
Estarán formados por 6 persoas, puntuando as 5 mellores puntuacións en cada momento. Poden ser mixtos.
Clasificación de montaña
Podes enviar ata un máximo de 20 carreiras de montaña e haberá unha única división individual (absoluta, masculina e feminina). As probas de montaña transcorren maioritariamente por terra e o organizador da proba debe indicalo cando envíe a información da proba.
Os puntos obtidos pola participación nunha proba de montaña obtéñense da fórmula:
Onde os coeficientes de distancia e desnivel determínanse a partir da táboa:
A ratio calcúlase dividindo os metros de desnivel positivo pola distancia, en quilómetros, da proba.
Incidencias
En caso de que non aparezas nunha clasificación por un erro de cronometraxe ponte en contacto coa organización da proba para que o corrixa. Se o teu nome non aparece no listado definitivo da carreira non podemos sumar os teus puntos para o Circuíto.
Igualmente, se cometes un erro ao enviar o teu posto, contacta con nós para que o corrixamos.
Descualificacións
Se algún corredor falsea os datos de inscrición nalgunha das probas incluídas ou é sorprendido correndo por outro participante perderá todos os puntos da tempada e non poderá seguir enviando resultados.
No caso de ter a conta do foro suspendida por incumprir as normas do foro, o usuario non poderá participar no Circuíto.
Outros
O non previsto no Regulamento resolverase segundo o criterio da organización ou mediante consulta pública no foro oficial do Circuíto.
No caso de que as organizacións das probas teñan a obrigación legal de pedir o pasaporte COVID aos participantes, o Circuíto quedará suspendido temporalmente ata que a medida decaia.