Enviar posto
Enviar posto
Suma os teus puntos


Só para probas de montaña (ver axuda).

Axuda

Escribe o teu nick, selecciona a carreira na que participaches e indica o teu posto de chegada.

Montaña
Todos os envíos de montaña puntúan para o Circuíto de Montaña, pero só 5 para a clasificación xeral.

Marca "Puntúa para a xeral" se queres que este envío conte para o Circuíto xeral.

No listado de abaixo podes consultar os resultados publicados polas organizacións das probas. Fai clic no nome para ver o arquivo.

O número indica os días restantes para enviar o teu resultado, logo pecharase e xa non poderás recuperalos.

As probas marcadas coma "pendentes" están á espera de recibir os resultados ou poñerlles o coeficiente.


Abertos

Pendentes

Os 21 do camiñoOs 21 do camiño - 6 kmCCNÓS - Recinto FerialCross de SantisoLugo 10 kmMedio Maratón Cidade de LugoCCNÓS - Parque FrigsaO Porriño - 10 kmO Porriño - 5 kmSantYaGo 10kCCNÓS - As TermasMinibayVig-BayCCNÓS - Estrada de OmbreiroCorreSan - Barrio de San PedroTrail Cova da Bruxa - 13 kmTrail Cova da Bruxa - 22 kmMini Trail Montes de CouzadoiroMuí­ños do Folón - 12 kmMuí­ños do Folón - 21 kmRío EumeTrail de Outes - 14 kmTrail de Outes - 21 kmTrail da Filloa - 17 kmXacorun - 10 km

De interese


O Circuíto Correr en Galicia é unha competición onde sumas puntos en cada carreira que participas. Valórase máis a constancia ca velocidade e, polo tanto, podes chegar ao máis alto da clasificación aínda que non gañes ningunha proba.

A inscrición é única e podes participar no Circuíto de ruta ou de montaña, cada un cunha clasificación diferente.

Para facelo aínda máis divertido tes a posibilidade de competir por parellas e por equipos. Só tes que buscar un compañeiro para facer parella e 5 amigos para completar un equipo de 6 membros.

Este proxecto está realizado e mantido pola comunidade de corredores de Correr en Galicia. Aínda que non están todos, estes son algúns dos que fixeron posible que o proxecto chegara ao 2023. Por orde alfabética: Alber, Amina, Anaabuin, Anarky, Angelus, Anpefi, Beauvais, Cándido, Caracol, Cecebre, Davidcouselo, DoctorSlump, Fleky, Ivanno, Jotaeme, Kandpalleiro, Killoke, Lihto, Maistrote_SGS, RadicalMarc1, Sanmikel, Sonsuso e Xan.

Moitas grazas a todos eles.